Sunday 28 de April de 2024

Leira celebrará este próximo domingo o XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais


Participarán oito grupos das provincias da Coruña e Pontevedra

O próximo domingo, 22 de xullo, terá lugar no campo da feira da parroquia de Leira o XXVI Encontro de Grupos de Danzas Rexionais. Como cada ano ao mediodía haberá comida campestre para todas e todos os participantes, tendo lugar o espectáculo propiamente dito dende as 18 ata as 20 horas aproximadamente.

Unha cita á que este ano acudirán as seguintes formacións: Agrupación Folclórica Inquedanzas (Tui, Pontevedra), Nosa Terra de Mos (Pontevedra), Sementes da Arte Galega (Beade), Arume (Beade), pandeireteiras A Volta do Demo (Beade, Vigo), Pinga de Troula (Frades), Sementes da Arte (Ordes) e a Asociación Folclórica Cultural Veciños de Leira (Ordes), organizadora do evento en colaboración co Concello de Ordes.